FLORES DE ABRIL

Nesta noite de finais de abril, cando nalgún tempo ten nevado, a destempo iso si… Nesta noite en que ameazan rachas atemporaladas de vento… detéñome nas imaxes de comezos de abril. Os narcisos agromaron e encheron de vida o noso xardín, pletóricos. Logo da choiva, a herba e as árbores tamén han estar espectaculares, con ese verde provocador, que incita ao desfrute da vida. Árbores que semellan adolescentes, no seu inicio da forza da vida, cos gromos a rebentar. 

E acompañando os narcisos, os versos de Olga Novo, que sempre me devolven á terra:

“Deusa campesiña:

Estades enterrados en min. Con vós fago flores. Humus. Turba. Fosilizo sentimentos coma xoias subterráneas. Vede que para sempre quedades en min vivos.

Non hai que temer. Senón amar.

Cráter, Olga Novo

Advertisements

2 thoughts on “FLORES DE ABRIL

  1. é o libro de Olga Novo un agasallo do luns? … casualidades haichas: hoxe precisamente estiven lendo algúns poemas dela, de a cousa vermella e a teta sobre o sol.
    pero de cráter inda nada.
    non me é doado ler a súa poesía. fascíname, pero non dou chegado.

    como falas da primavera!, xa teño gana de poder abrir os ollos, os pulmóns, o corazón… e disfrutala ben, que pasa axiña!

    • É un libro ao q lle tiña ganas e estou nel. Pois a min, non sei o motivo, non só me fascina, senón q fala como me gustaría a min falar, enténdoa e non sei q maxia segreda teñen as súas verbas para sentir e entendela. É como a música heavy e a folk. A heavy gústame, pero como sinto a folk non, e non sei por que, pero é así.
      E de desfrutar a primavera. … adiante… aínda q sexa a fría primavera, pero polo menos chove, q iso si q é para desfrutar… Logo han de vir os días de sol, e o verde hase percibir moito máis intenso, logo da choiva.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s