NOITE DE LÚA

IMAXE: 

Aquela noite meiga a lúa deixouse fotografar. Estabamos a estrear máquina nova e noites de primavera. 

Hoxe chove, chove, chove… Non se ve a lúa. Mais seguro que aló na Chaira as ras seguen a cantar os seus rítmicos sons nunha danza nupcial repetida primavera tras primavera. E polo día o cuco a cantar, a falarnos coa súa aguda e forte voz, que chega a todos os recunchos da Terra Chá. Escóndese entre os piñeirais, entre os soutos, xunto co peto, co xílgaro, co merlo, coa bubela… Xa os vin e escoitei a todos este venres, e foi volver ao paraíso, onde semana tras semana éncheseme o peito para poder regresar ao Morrazo, e traer novas do rural ás terras mariñas, onde tamén se intúe a voz de sereas que dormen agochadas nas illas.

POEMA:

ROMANCE DE LA LUNA, LUNA
La luna vino a la fragua
con su polisón de nardos.
El niño la mira mira.
El niño la está mirando.
En el aire conmovido
mueve la luna sus brazos
y enseña, lúbrica y pura,
sus senos de duro estaño.
Huye luna, luna, luna.
Si vinieran los gitanos,
harían con tu corazón
collares y anillos blancos.
Niño,  déjame que baile.
Cuando vengan los gitanos,
te encontrarán sobre el yunque
con los ojillos cerrados.
Huye luna, luna, luna,
que ya siento sus caballos.
Niño, déjame, no pises
mi blancor almidonado.
El jinete se acercaba
tocando el tambor del llano.
Dentro de la fragua el niño,
tiene los ojos cerrados.
Por el olivar venían,
bronce y sueño, los gitanos.
Las cabezas levantadas
y los ojos entornados.
Cómo canta la zumaya,
¡ay cómo canta en el árbol!
Por el cielo va la luna
con un niño de la mano.
Dentro de la fragua lloran,
dando gritos, los gitanos.
El aire la vela vela.
El aire la está velando.

Romancero gintano, Federico García Lorca

Advertisements

3 thoughts on “NOITE DE LÚA

  1. ah, esquecíame deixarche o meu desexo de que lle saquedes moito proveito á camara, de momento parece que levou un bo estreno, fotografiar a lua chea non é calquera cousa!

  2. canto tempo sin ler este romance, e puxéronseme os peliños de punta, non sei se foi un frío que me entrou ou un estremecemento polo romance.
    tamén eu estiven hai uns dias escoitando o peto, o merlo, o cuco… e vin unha parella de bubelas, pero non coñezo o seu canto.

    • Pon os pelos de punta, si. Pero a imaxe do neno collido da man da lúa para simbolizar a súa morte, é moi entrañable. Claro, logo veñen os berros dos xitanos, a dureza da morte. Pero é o mesmo que cando miramos para as estrelas e desexamos que nalgunha delas estean os nosos seres queridos ollándonos e velándonos.
      E a ver se consigo algunha foto do mar, do mar de Bueu, para a lembranza.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s