VERBAS DE LORCA

Estas semanas teño enriba da mesa a poesía de Lorca e isto lévame ó seu rostro doce e moreno. Á súa faciana morena. Aos seus versos galegos. E como estes días chove, leo o seu poema “Madrigal á cibdá de Santiago”. Un andaluz captando a maxia da choiva en Santiago. Que fermoso! Que fermosa a choiva!

Mil primaveras máis para Lorca.

MADRIGAL Á CIBDÁ DE SANTIAGO

Chove en Santiago
meu doce amor.
Camelia branca do ar
brila entenebrecido ao sol.

Chove en Santiago
na noite escura.
Herbas de prata e sono
cobren a valdeira lúa.

Olla a choiva pola rúa,
laio de pedra e cristal.
Olla no vento esvaído
soma e cinza do teu mar.

Soma e cinza do teu mar
Santiago, lonxe do sol;
ágoa de mañán anterga
trema no meu corazón.

Seis poemas galegos (1932-1934), Federico García Lorca

Advertisements

2 thoughts on “VERBAS DE LORCA

  1. Calquera texto de Lorca fai tremer. As súas verbas teñen unha forza moi especial. E teño o sentimento de me teren roubado un ser moi especial, roubáronnolo, cantos versos marcharon con el, cantas pezas de teatro, canta defensa da liberdade e da igualdade. E non quero resultar panfletaria, pero é que son bastante protestona. Apertas.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s