BRÉTEMAS DO NOROESTE

Aló polo ano 1932, un sete de maio (tal día coma hoxe), hai oitenta anos, Federico García Lorca pronunciaba en Santiago, na actual sé do instituto Rosalía de Castro, unha conferencia, organizada polo Comité de Cooperación Intelectural de Santiago, e na que, como facía noutras visitas a distintas cidades de España, falaba da súa experiencia en Nova York, recitaba os versos que alí escribira e disertaba sobre o cante jondo. Entre algúns dos espectadores que alí se deron cita, estaban Ernesto Guerra da Cal, Carlos Maside, Carvalho Calero e García Sabell.

Lorca xa estivera anos atrás en Galicia, en concreto no ano 1916, e quedara fascinado pola verde paisaxe bretemosa, polas súas supersticións e pola súa música. (Segundo afirma  Ian Gibson no libro Vida, pasión y muerte de Federico García Lorca)

Meses despois da conferencia de Santiago en 1932, regresou á cidade e actuou na praza da Quintana co grupo teatral La Barraca.

De todas as versións que escoitei do romance da Lúa, a que máis me gustou foi a de Paco Ibáñez. Que vaia como homenaxe e lembranza a Lorca.

http://elpais.com/diario/2011/04/15/galicia/1302862706_850215.html

http://www.lavozdegalicia.es/noticia/santiago/2012/05/07/conservatorio-instituto-rosalia-recuerdan-presencia-garcia-lorca-santiago/0003_201205S7C3997.htm

Advertisements

4 thoughts on “BRÉTEMAS DO NOROESTE

  1. Graciñas pola túa aportación, como sempre estupenda.
    E direiche que agora dáme por Lorca, porque teño medo que a historia se repita, e nolo enterren de vez, a el e a nós. Cada día vai quedando menos sitio para os Lorcas, e porque me estou namorando da súa obra. Pouco a pouco ireina lendo toda.
    E para Kasú, para Lucía e para a túa filla, moitos bkos.
    Posiblemente nun mes teña algunha novidade que contarvos, Aínda estades dispostos a compartir, ti e mais Teresa un xantar comigo? Tentareino. Bkos.

    • Compartir un xantar!!!? Ti víchesme algunha vez a min cara de non comer? E se é en boa compañía, mellor aínda, así que adiante coa coordinación das axendas.
      Intrigado me deixas polo da novidade…
      Bicos

  2. Creo que, no fondo, escribín a chorrada das verzas por fuxir dese post que os dedos se empeñaban en teclear e eu non quería, por medo a non saber dicir ben o que quería.

  3. O 7 de maio… Vaia día máis interesante.
    A punto estiven de escribir eu no meu blog sobre esa data, pero deume medo non atopar as palabras axeitadas. Se non fose así, escribiría sobre o 7 de maio de 1988, cando naceu a miña filla.
    E escribiría tamén sobre Lucía, unha rapaza á que non coñezo de nada pero pola que sinto aprezo (porque naceu exactamente o mesmo día do mesmo ano) e admiración (porque naceu en circunstancias ben distintas á miña filla). Creo que esa Lucía é a que xustifica a existencia de “Futuro imperfecto”, a escalofriante novela escrita por Xulia Alonso, onde conta a caneiro cheo a súa vida -e a do seu home- marcada pola heroína e pola SIDA. Lucía é a filla da que se fala (coa que se fala) na obra. Aínda se me pon a carne de pita lembrando algúns fragmentos da novela. No fondo, creo que, sen pretendelo, é a novela de amor máis impresionante que lin nunca.
    E se cadra aínda me quedaba tempo para escribir sobre Kasú, unha exalumna miña, moi moi boa persoa, que tamén naceu o 7 de maio e que agora está pelexando contra un cancro. Pero esa guerra Kasú vaina gañar porque si, porque a ten que gañar, porque ela ten forza para facelo e ademais somos moitos os que lle damos tamén a nosa forza calada por se lle aínda lle fixese falta.
    O 7 de maio… canto xogo dá esa data!

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s