pasado e presente

enredados na espiral do tempo, o pasado -coa súa cor granate, a súa forma repoluda, sen cabelos- olla o esplendor do gromo que vai amosar o seu esplendor en cuestión de días -son rosas fortes e varudas, e toman o seu tempo para facerse- 

no esplendor das follas verdes óllanse, fálanse, cunha pequena distancia vital, non se tocan, ou mellor dito, están tan próximos que case se tocan…

o pasado sempre ao axexo, sempre acompañando o presente…

e a rosa hoxe xa é moza… e o vello pasado segue a comtemplala desde a súa serenidade 

Maio longo… maio longo,
todo cuberto de rosas,
para algús telas de morte;
para outros telas de vodas.
Maio longo, maio longo,
fuches curto para min:
veu contigo a miña dicha,
volveu contigo a fuxir.

Rosalía de Castro (1993), Follas Novas (Vigo: Galaxia)

E mentres escribía, acompañábame a música de Alan Stivell
 
Advertisements

4 thoughts on “pasado e presente

  1. Logo chega ver o zume novo desde a distancia, mais o momento da observación tamén o é da sabiduría, esa é a vantaxe! E o bo é que do incendio queden cinsas… E que sexan cinsas fermosas como a da foto. Soubo manterse durante un bo tempo, e aínda goza de bo aspecto.

  2. Mayo se hizo presente y las nubes entraron
    a la casa tomando posesión de los floreros.
    Te imagino con la cara lavada en una mecedora, puliendo
    monedas de oro. El escaso viento palúdico
    me trae un olor a camarones vivos, a tehuanas
    con frialdad de cerveza en los aretes.

    Francisco Hernández

    el mes de mayo es hermoso en todos los lenguajes, aún más cálido y emotivo entre las palabras de R. de Castro. Las rosas no pasan de moda y creo que siempre nos sorprenderá la magia que consigue la primavera cada nueva temporada.

    un abrazo 🙂

  3. que ben, Stivell! ((A land without a language is a land without a soul)
    un post moi de maio… o mes das flores…
    na adolescencia un só pensa no presente o soña co futuro… nin miraría para a rosa que xa murchou “o observa” o gromo da futura rosa…
    pero eu véxome pronto no punto da observación, sentindo a savia que asoma nas outras rosas, aprendendo a difícil arte da aceptación.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s