tempo en cristal

Imaxe

Sobre do andel de cristal, os tarros de apócemas permanecen baleiros. Nembargantes, exhalan un arrecendo decadente, arrecendo a outro tempo. Reflíctense no espello posterior, ao tempo que observamos, desdebuxadas, unha pomba e algún obxecto do mobiliario urbano. A rúa está mollada, na mañán gris.

Os protagonistas seguen a ser eses tarros de vitrina de botica, da Farmacia Central de Lugo.

Nunca pousara a miña ollada neles, a familiaridade do día a día fainos invisibles, pero permanecen axexantes, espectantes, á espera de que os vapores de Pandora emanen lembranzas do pasado. Fronte á Farmacia Central celebrouse noutrora a ilustre tertulia do Méndez Núñez (Fole, Pimentel…).

Observarían os ires e vires dos nosos entrañables ilustrados? Quizais…

Vin cousas… que vosoutros non poderiades crer. (…) Todos eses momentos perderanse no tempo … como bágoas na chuvia -like tears in rain-… É hora de morrer.

(Escena da morte do replicante Roy Batly, Blade Runner)

Advertisements

2 thoughts on “tempo en cristal

  1. É algo no que penso con frecuencia. Cando estou na casa, en Bonxe, penso en como serían as persoas que se moveron polos mesmos espazos polos que eu me movo agora, que sentirían, como serían as súas festas… É unha teima miña de sempre.
    E con respecto a iso, lembrei un texto de Ruído, de M.A. Murado: “Mentres ela facía fotografías, eu pensaba, entre outros moitos pensamentos absurdos, nos zapatos, no que significaban. Van collendo a túa forma, acaban por parecerse a ti. Se os ves sós e baleiros, parece que teñen a forma da túa mesma alma”. Saúdos.

  2. verdade que é grande a fascinación que poden exercer sobre nós obxectos do pasado?
    é como se lle quedaran pegadas parte das vivencias das persoas que antes os viron, os tocaron, os desexaron…

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s