gato encol da campánula

As campánulas estaban tentadoras, formando un mulido tapiz que atraía os meus impulsos exploradores. Desde a mesiña do balcón ollábaas provocadoras, vivas, algareiras. O escaso espazo da terraza coñecíao na súa totalidade. Sabía de cada araña, de cada minúsculo insecto, de cada novo gromo, de cada nova flor. E non me puiden reprimir. 

Aproveitando o despiste ou o enisimismamento dos humanos, rendidos nos brazos de Morfeo, na hora da sesta, lanceime sen contemplacións. E, ai! que ben! un novo dominio. Permanecín quedo, inmutable, á espera dos ollos, que ao me descubrir habían ficar estupefactos. O meu novo lugar era unha esponxosa conquista pintada de malva.

E para acompañar as aventuras do gato, un agasallo poético da man do inestimable Borges:

A UN GATO

No son más silenciosos los espejos

ni más furtiva el alba aventurera;

eres, bajo la luna, esa pantera

que nos es dado divisar de lejos.

Por obra indescifrable de un decreto

divino, te buscamos vanamente; 

más remoto que el Ganges y el poniente,

tuya es la soledad, tuyo el secreto.

Tu lomo condesciende a la morosa

caricia de mi mano. Has admitido,

desde esa eternidad que ya es olvido,

el amor de la mano recelosa.

En otro tiempo estás. Eres el dueño

de un ámbito cerrado como un sueño.

El oro de los tigres, Jorge Luis Borges

Advertisements

7 thoughts on “gato encol da campánula

  1. A miña gata chámase Accidente. Con iso xa che digo todo… O leito favorito é a roupa limpa, se pode ser nova e sen estrear, millor. Este inverno quería prantar frores, pero xa mes estás metendo medo 😉

    • Pois a Mequiños os edredóns da nosa cama vólveno tolo. Ás veces desaparecee, e cala -e destaco o de calar, pois é gato ben falador- … e cando o atopas está impasible debaixo do edredón. E das plantas… só as do balcón, por fóra déixaas en paz… Depende do gato… Por certo, encántanlle as follas de bambú. saúdos!

  2. a miña gata é clavadiña.
    non se deita nas flores, cómeas!
    🙂

    admito que son xoguetóns e simpáticos, un espectáculo… pero a miña fai tantas trasnadas que me ten doente.

    • pois este gato é moi boíño… non come flores, nin plantas, só herba cando o ceibamos na casa e vai de paseo, daquela si que come herba, e gústanlle moito os “olorcitos”. é tan mimoso que lle chamamos Mequiños, do meco-mimo que ten. é especialmente cariñoso. dinme que tiven moita sorte con el, pois non soen ser así. Iso si, cando xoga, roe. Hoxe fíxome rir moito.

  3. Fíxome tanta gracia velo alí, comodamente tirado sobre a campánula, posuíndo aquel xardín como cando se pousa noutros espazos da casa e os fai seus, que non puiden evitar escribirlle algo.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s