xuño, máxica luz

(…)

Unha cerdeira é un navío inquedo

que parte na mañá

e loita, e vence,

e síntese apretado polo vento,

e trae a luz sumisa, acribillada

estendida na xarcia vitoriosa.

(…)

Os poemas da ausencia. Primeira parte, Antón Avilés de Taramancos

Dous momentos da mesma rosa, a primeira rosa da primavera. 

Ao vela lembreime da cerdeira do poema de Avilés de Taramancos. 

A rosa de Bonxe sentiuse apretada pola choiva, mais nun día en que escampou, loitou pola vida e pola luz ata chegar ao esplendor na tardiña. 

Cando chegue hoxe, haberá outras rosas -hai quince días a roseira estaba inzada de gromos-, e o espectáculo da luz e das flores darame enerxía para comezar unha nova semana. Á espera da apoteose, na noite de San Xoán, en que florearemos as casas e espantaremos meigallos, que boa falla que fai!

Advertisements

4 thoughts on “xuño, máxica luz

  1. xa pensando no san xoan? 🙂
    é unha tradición que me encanta!
    procuro transmitir todo iso do ramo, coller as herbas, e lavar a cara… pero parece que á xente nova, xa lles vale coa noite, a bebida e o lume.
    Quizá sempre foi así,
    que a xuventude pense en divertirse+e os adultos somos os encargados de transmitir e conservar.
    Moi bonitiñas as túas roseiras…!

    • pois si, está aí na volta da esquina!
      e como este ano cae en sábado podemos preparala moito mellor…
      Teño gañas de facer un traballo sobre esa noite na Terra Chá, pois alí “florean as casas”, como estas eran de pedras miúdas, había ocos -e hai- e para que as meigas non entren, nesa noite póñenselles flores, Penso que é algo así. úsase moito a xesta… Para non perder o costume, nós ímolo facendo á nosa maneira. Logo, pola zona de Cangas collen herbas aromáticas, á parte de flores -de pequena sempre colliamos a flor de sabugo que tan ben cheira- e bótanas en auga. Ben, está aí, por facer, e axiña, q son costumes q logo morren 🙂

      • Eu adoito facer “o ramo” que hai que deixar na noite en auga, ao rocío, e pola mañá lavar a cara con esa auga, e así estarás guapa todo o ano 🙂

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s