DIÁLOGO CON MARK TWAIN

O secreto para saír adiante é empezar. E o secreto para empezar é dividir esa tarefa que parece abrumadoramente complexa en pequenas metas e comezar sen máis demora pola primeira.

MARK TWAIN

Aníñome coas mans rubíndome ás orellas, non deixando entrada a ningún son. Todo é ruído. Formigueo no corpo. Néboa mesta que cae como chumbo. E a ti, Mark, pregúntoche “Cal é a meta? Cal é a primeira tarefa? Se todo é un caos.”

Pensemos entón que neste solsticio lograremos esconxurar todos os males e fuxir a todas as bruxas. Haberá flores abondo coas que florear as casas? Os arrecendos de fiúncho, de malva, de romeu, de herba luisa… serán perfumes penetrantes que purificarán o aire da peste que todo o asolaga. E ao mencer… e ao mencer, que? …. Bañaremos os rostros coa auga do relente, e as nosas olladas mirarán outra realidade. Soñar ou non soñar?

Advertisements

12 thoughts on “DIÁLOGO CON MARK TWAIN

  1. Véxote este ano impaciente pola noite do solsticio! 🙂 e moi esperanzada…
    Non sei, non sei eu… estou algo máis escéptica… pero certo que sempre me deixo contaxiar pola maxia.
    Así que … soñar, sempre soñar.

    • Voume decantar polo soño, sabendo que estou soñando, iso si. E o da noite de San Xoán é pq para min significan o regreso á casa logo dun curso escolar lonxe do compañeiro, da casa, dos lugares familiares… Que aínda que á beira do mar, acubillada pola Illa de Ons tamén se está ben, pero non é o mesmo… E ademais, é unha festa tan do pobo, tan de todos… non si? aínda que leve o san diante do xoán…

  2. A min tamén me gusta TWAIN. Mira: http://www.youtube.com/watch?v=a-Lp2uC_1lg&feature=list_related&playnext=1&list=AL94UKMTqg-9CmwgUPXDvrnnnUfs7NaH6S E ata estiven na súa casa…
    Vaaaale!, aclárome:
    Gústame SHANIA TWAIN pero a casa na que estiven é a de MARK TWAIN, en Hartforf. Velaquí o chabolo: http://www.google.es/search?q=casa+de+Mark+Twain&hl=gl&prmd=imvns&tbm=isch&tbo=u&source=univ&sa=X&ei=iq7fT-CgCoLK0QXfhamBCg&ved=0CF0QsAQ&biw=1440&bih=731

    • Que emocionante que a alguén lle guste o que un escribe, é unha sensación moi especial, como se sentirán os escritores? só os compañeiros das musas o saben!
      Na miña infancia encantábame coller a flor do sabugueiro para a auga de san xoán, encantábame o lume, a noite, a festa arredor del… son nacida en agosto, será o lume do sol que levo dende o nacemento…
      unha forte aperta, 🙂

  3. Me gusta la propuesta de M. Twain, comenzar a cambiar las pequeñas cosas, las acciones que no parecen importantes y poco a poco ir avanzando escalones. Algo así creo haber sufrido desde que comencé a leer poesía, parece un tópico pero es cierto, aflora y renace como otra pequeña capacidad para ver y sentir cosas/sensaciones donde parece que no existe nada…

    me enrollé.
    gracias por visitarme.

    un abrazo 🙂

    • son das que chega tarde a todas partes, e mesmo cheguei tarde á poesía. Iso si, desde que conseguín a chave que todos os versos abre, sempre atopo algo en calquera poema, ás veces resúltame máis fácil ler poesía ca narrativa. E a miña loita para que a rapazada atope a súa chave, continúa. é coma un chasquido de dedos, por arte de maxia (iso si, custoume o meu, pero foi atopar un tesouro) apertas

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s