Na casa de Pinipón prodúcense estraños fenómenos: o gato é medio can -dislle “Ven!” e séguete coma se foses mamá-parrulo, vén detrás túa. Vai de excursión canda ti. 

E logo están as árbores. Existe un castiñeiro con forma de abeto. Medrou ao lado dun e imitouno, a mesma forma -por certo, coa flor dourada, están marabillosos, os castiñeiros-.

Ao seu carón, o carballo anano. 

E dentro do forno, a hedra a medrar na escuridade. Curiosamente hai vida no interior frío da pedra.

E mutacións varias, que o cansazo non me deixa recordar.

E o mellor de todo, que xa estou de volta na casa para poder sentir todos eses aromas e imaxes! 

As maletas han criar arañeiras!

Advertisements

5 thoughts on “

  1. Gracias Divagando sobre… por tu comentario. ¿Has estado de vacaciones?

    Estos prodigios solo ocurren en mentes maravillosas rodeadas de castaños y animales domésticos que convierten lo cotidiano en mágico 🙂 , es un bonito cuento.

    Un abrazo

  2. primeiro creas a atmósfera máxica e, despois, con esa apostilla das maletas e as arañeiras produces a sensación de teeeeemmmmpo, de vagar, de verán eterno, como eran aqueles veráns da adolescencia.

    • Pois si, por fin chegou o tempo de verán… Mes de vacacións, de “tempo morto” e de ver a vida pasar… Mais logo das vacacións sigo na casa, e por un tempo non teño que facer maletas. Se é para ir de vacacións, encantada. Pero para deixar a casiña (xa sei que ter traballo é un privilexio, pero se poden ser traballo e casiña xuntos, é o tándem perfecto). Aínda debo imaxes! Saúdos e bo verán.:)

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s