DOCES Á BEIRA DO TÂMEGA

Verán, os ríos van baixos. Quedan illotes areentos que cambian a paisaxe.

O Tâmega acompañou a nosa degustación do postre típico de Amarante. Non lembro o seu nome, mais sóubome a paraíso, nun instante cos que a vida te agasalla ás veces, un instante de tenrura e serenidade.

Estaba feito con xemas de ovo e almibre por riba, tiña unha textura engaiolante, ao chegar ao padal e espallar todo o seu sabor inundou de pracer o momento.

A tenrura nun envoltorio exquisitamente preparado, acompañado do ritual característico dos portugueses. Non sei que valería máis, se aquel par de pasteliños ou a caixiña en que amorosamente nolos prepararon.

A tapa da caixiña lembroume un azulexo portugués, coa cor azul anil de louza, naquel atardecer de verán en Amarante.

Advertisements

4 thoughts on “DOCES Á BEIRA DO TÂMEGA

  1. é o post mesmo sereno como un atardecer…
    encheume de recordos, porque estiven o ano pasado, a comenzos do verán, en Amarante.
    Fora polo nome: a m a r a n t e [ten unha sonoridade que imposible fose un sitio feo.]
    … e por alí andiven paseando, río arriba, río abaixo
    tomando algo nunha terraciña
    mirando correr a auga por baixo da ponte, pendurando dela as miñas saudades.

  2. (hay trampa… me he informado jaja).
    Recorriendo y disfrutando de ese Lugar de Importancia Comunitaria, el río Támega debe ser todo un deliete para los sentidos a su paso por los diferentes pueblos que riega. Y estos deliciosos y tradicionales pasteles son de Amarante con el puente de San Gonçalo?

    Este post me resulta tremendamente dulce y nostálgico, como la misma cultura portuguesa :))

    Un abrazo

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s