Wildwonders04

 

Doncella timida 2

 

Cada día engaiólanme máis os insectos, pequenas xoias de ourivería. Seres fráxiles, perfectos. Patas finas, largueiras, mesturadas entre ás de fino tecido. Simetrías en cores.   E no medio de todos eles, as pinchorras. 

Nesta imaxe atopada na páxina do National Geographic déronse cita algúns dos meus favoritos: a vacaloura e a píntega. E elas trouxéronme outros tesouros da arte natural: a mosca escorpión e a doncela tímida. 

Que tenro nome, A DONCELA TÍMIDA, a MELITAEA DIDYMA. Lévame a mundos medievais de princesas, coas súas ás voo fóra deste frío e triste outono. 

http://www.nationalgeographic.com.es/

Advertisements

6 thoughts on “

  1. non é triste nin frío o outono… e que agora xa só faltan duas semanas para o inverno… 🙂
    certo que son lindos eses nomes de insectos. Quizá non sexa eu moi fan deles, pero algúns teñen o seu punto 😉

    • Canta razón tes no de que só faltan días para o inverno! O de triste foi porque nos morreu unha cadeliña á que lle queriamos moito, e ese día saíume a vea morriñenta! A pesar da escuridade sempre hai luz, de feito unha das mellores cousas destes días fríos, foron as noites estreladas. Frío e noite estrelada fan unha xuntanza boa. 🙂

  2. Hoy he oído que si se reunieran a todas las hormigas rojas del mundo pesarían igual que si se reunieran todos los humanos… es decir, que no hay desestimar y menospreciar a los demás seres vivos, puesto que a final de cuentas, el tamaño no es tan importante.

    Gracias por tu visita amiga y también me gusta ver Nationalgeographic, sobre todo porque a mi otra mitad le gustan mucho los animales…

    Un abrazo 🙂

    • Para min son seres abraiantes… Están feitos con tanta minuciosidade, que para min a súa perfección radica nese punto. E senón, pensa, un mosquito, co diminuto que é e canto pode fastidiarnos, por exemplo nunha idílica noite de verán..:)

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s