BONXE NEVADO

image

 

Hai uns días que Mequiños ollaba desde a fiestra para a chuvia. Hoxe, escondíase no radiador, logo de saír dar unha volta polos arredores e comprobar a friaxe da neve recén caída. Algunhas árbores manteñen a follaxe e acollen nas súas follas o fenómeno excepcional que nos pon en alerta. Outras, coma o vello castiñeiro, coas súas pólas espidiñas, debuxan unha imaxe de retortas veas esbrancuxadas. O seu esquelete sinuoso resulta tan espectacular como o agromar da primavera. Son  excepcións que cambian a monotonía, que nos obrigan a un alto no camiño, e que lle dan unha nova cor aos nosos pesimismos. Logo virán días de sol e a luz anegará as nosas retinas. De momento, esta meteoroloxía fainos pensar en lareiras “á lus do candil”.

 

Advertisements

5 thoughts on “BONXE NEVADO

  1. Pois si que adiviñaches ben! Hai cheminea, libros en estanterías, outros á espera dun andel…. e unha fermosa galería, onde habitualmente traballo e leo, e sempre acompañada do Mequiños, o gatiño da foto… E claro, o paraíso! 🙂

  2. Tan poucas veces me nevou onde eu estaba que me parece un agasallo. Claro, non teño que sufrila durante meses e escorregar no xeo, nin sacala coa pa de diante da porta…
    Pero este inverno espido e frío faiseme esvaído de cores e añoro un cambio na paisaxe.

  3. Me gusta esta ventana desde la que se ve el rojo encendido de la chimenea, la mesa puesta con comida hogareña, muchos libros y cuentos sobre estanterías y un sillón cómodo donde acomodarse. Un estupendo lugar.

    Un abrazo sin nieve 🙂

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s