MUIÑO

image

TECER o vento. Ver correr cavalos

na beira do solpor, ceibes as crinas

nun ar de bálsamos, e a chaira

longuísima estendendo-se ao infinito. 

E rompe a danza: o galerón llanero

como outrora na Ática danzaban 

a corpo nu meniñas tremerosas…  

Última fuxida a Harar, Antón Avilés de Tamarancos

Furia. Coma nos versos de Avilés, o muíño do Escádebas viu correr cabalos ao solpor, eran cabalos de fervenza, con crinas erguéndose con furia, coa velocidade da auga nova que vén de lle nacer á terra. O vello muíño, con guedellas de hedras, co ollo chosco e a boca aberta berrándolle ás linguas falangueiras que esvaran inquedas. O vello muíño, galerón chairego, capitán empulingado vixiando xanas e mouras, abelaneiras e bidueiras.

Acougo. E logo máis abaixo, un borboriño sereno, acougante.  A terra a cheirar humidades das penas, co brión recén posto.

Advertisements

4 thoughts on “MUIÑO

  1. Que ben traídos os versos de Avilés de Taramancos e moito me gustou como falas do muíño. O vixía de bidueiras. O borboriño. O brión

    Se tes oportunidade, fai outra foto no que o poida apreciar mellor. Gustaríame.

    • O muíño atópase na ruta dos Sete Muíños, en Guitiriz. E o sábado pasado fomos camiñar por alí, e sorprendeume a fasquía deste muíño. A foto tireina co móbil, e de momento non teño máis. De todas formas, hei repetir a ruta, e daquela levarei a cámara de fotos e xa farei unha boa reportaxe, e entón envíovos as fotos.
      Que ben e que curioso comprobar o que os demais interpretan a partir das palabras que un mesmo escribe! 🙂

  2. “a terra, como medra a semente… un queda marcado sempre como labrego”.
    “Collo o grao da semente, esa ternura
    na que sostén as trabes o univer.”

    Gracias, no conocía a este escritor gallego.

    Un abrazo y feliz Día de la Paz 🙂

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s