FOGOS ARTIFICIAIS

De cativa moito desfrutaba cos fogos artificiais polas festas do San Froilán. A luz, as cores, a forza, a grandiosidade… entusiasmábanme. Medrei, e seguen a ser un dos atractivos das festas. 

E non sei ben por que, veño de lembrar un feito excepcional nun día cotián, valla a redundancia. Debe ser que tanta tristura que nos rodea, tanta crise, tanta morriña de choiva están a estoupar no meu interior. 

Ás veces sinto necesidade de botar os cabelos ao vento e evadirme, a xeito de canto á ledicia, porque non pode ser que tanto despropósito veña a derramar a única vida que teño, a que só podo eu vivir.

É por iso que vos convido ao sorriso, ao canto, á gargallada…

Advertisements

2 thoughts on “FOGOS ARTIFICIAIS

  1. agradecese. A min tamén xa me parece abondo de tanto queixarse… fagamos algo,

    as cousas xa están comoe stán, pois fagamos o que estea na nosa man para que o mundo e a vida sexa máis bonita. protestemos duro, pero onde hai que facelo, non na barra do bar.
    transmitamos algo de esperanza.
    porque a xente nova que está a construir a súa vida, xa non sabe para onde mirar 😦

    • Como facer que o mundo sexa un pouco mellor? Tal vez estea a solución nun cambio radical dos valores… Destruír o poder do diñeiro… pois nel está a base de todo, a base do poder… Pero como? Utopía, verdade… pero tamén necesitamos utopías… 🙂

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s