coma peixes… porque se deixan levar

Somos coma peixes? Cardume a sobrevivir nos OCÉANOS? Cardume de estrábicos! Non sabemos para onde mirar… Pero deixamos que nos leven as correntes nese devezo por sobrevivir. E desas navegacións van quedando cores fermosas. Azuis, anís…. son as cores dos que se deixan levar a mantenta, pois no Océano espera a liberdade, é o bo de deixarse levar a mantenta.

A foto procede do seguinte blog: http://pequenoquiproquo.blogspot.com.es/2011/06/do-ponto-de-vista-dos-peixes.html

Advertisements

2 thoughts on “coma peixes… porque se deixan levar

    • Teño o blog un pouco abandonado… e entón só saen pequenas divagacións… e o outro día razonando cun mozo de 15 anos, cunha mente extraordianariamente lúcida, dicíame -dende a súa rebeldía de adolescente, e por uns irmáns máis ghiadiños ca el- que eran coma peixes, que se deixaban levar… e lembroume tanto a miña rebeldía dos 15 anos, e como obrigada me deixei levar, e menos mal que me ataron corto! Pois quixen deixar constancia no blog…. Agora, coa chegada do verán, a ver se me poño un pouco máis en serio co blog… Gustaríame inventar microguións de curtas que posiblemente nunca cheguen a ser curtas porque posiblemente nunca chegarei a gravar… pero o caso e deixar que viva a imaxinación!
      Vaia! Isto que che veño de contestar xa é algo máis ca unha microresposta!
      Graciñas por ler o blog, iso dálle sentido…:)

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s