Efémeros pero intensos

 

 

Efémeros pero intensos son os días que pasa Tsukiko co seu vello mestre. Unha marabillosa historia de amor: O maletín do mestre, de Hiromi Kawakami.

Un maletín no que só hai “un espazo baleiro”, “un enorme espazo que se estende”.

A crónica do día a día, dos pequenos detalles que se comparten cos outros e que converten os días en intensos. É así nas coincidencias, nas casualidades como Tsukiko e o mestre van namorando. A barra do bar de Satoru é o lugar onde beben sake e se reencontran. Sutilmente fan por verse: no bar, na rúa … E así van pasando dous anos, ata que inician a súa relación formal.

Que ten de especial esta relación? Pois que é sinxela, e nesa sinxeleza reside a súa fermosura, sen maiores pretensións cás de compartir momentos. O ir indo. A complicidade entre un home de 70 anos e unha muller de 40. Case nada!

Un ritmo narrativo sereno para unha historia serena e intensa.

A natureza constitúe un fermoso fondo: os innumerables cantos de paxaros, a festa das cerdeiras en flor, a procura de cogomelos polo bosque, a illa. Localizacións que ofrecen unha imaxe afastada do exotismo e nos levan ao Xapón actual.

E a omnipresenza da gastronomía:tofu cocido con follas de crisantemo e bacallau, tataki de bonito, chikuwa e filloas de konnyaku… Son algúns dos pratos que saborean os protagonistas.

Efémera pero intensa foi a lectura desta preciosa novela.

Advertisements

2 thoughts on “Efémeros pero intensos

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s