Galería

Tan axiña como abriu a porta que daba á galería, pensou que sería unha sorte poder escribir alí.

Segundo se entraba, o que sorprendía daquel recuncho acristalado era a súa luminosidade. Desde as fiestras ollábanse as numerosas árbores do xardín. Os loureiros, a cerdeira e o vello castiñeiro. Tamén lle gustou o chan, pavimentado con lousas. A mesa de madeira de teka resultaba ideal para traballar.

Logo da primeira visita non tardou nin un ano en facerse co sitio. Entrou decidida, e canda ela … o arquivador, os libros, armario da Chanca… e o gato! Foi desde entón que ela perdeu o dereito prioritario sobre a galería. Foi Mequiños o que paseniño, co seu silandeiro estar, se fixo coa marabillosa galería. O arquivador converteuse nunha magnífica atalaia, o sofá tapizouse coa súa peluxe… En fin, agora pregúntase pola identidade anterior de tan afortunado felino, de quen foi  a sorte de se reencarnar nel?

Advertisements

2 thoughts on “Galería

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s