ORBALLO

IMG_0390

Flores en auga afumada do San Xoán

 

Pola mañanciña o orballo dáballe un aspecto máxico. Ao saír fóra aínda chegaba o recendo a fume de San Xoán. Cheiraba a verán. A noite máxica xa fuxira, pero quedaba un ronsel de pérolas nas roseiras, nas follas da abelaneira, na terra. A mañá rezumaba serenidade. Verde, amarelo tímido, coral, vermello,branco… da herba, das rosas, dos amorodos, das flores.

A casa floreada para espantar meigas, os pétalos en auga para facer un pacto coa eterna xuventude e coa fermosura.

A mañá do 24, do día de San Xoán, sempre na memoria.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s