SIMETRÍAS

XOANIÑA UNIDO PARALELOS

XOANIÑA UNIDO PARALELOS

Aférraste coas túas simetrías vermellas e negras, danzas abaneada polo lene aire que circula por entre os fentos, cos seus verdes brillantes… e detés a nosa mirada nun espectáculo único.

Paralelismos, formas xeométricas… nunha orde natural de entropías, que á súa vez os converte en asimetrías.

E de súpeto sucede, a maxia da coincidencia.

Nun novelo tan difícil de navegar! Pero entre milleiros de posibilidades, nunha complexa e tan imposible estatística, sucede… Os trasnos xuntan os paralelos e convértenos en liñas converxentes, a acoplarse paseniñamente, acadando a xusta madureza que fai da vida un espectáculo fermoso para vivir.

 

Advertisements

2 thoughts on “SIMETRÍAS

  1. A verdade é que… do escaravello ao recordo dun máxico momento non hai moito…. É o que ten lanzarse á aventura da escrita…. consegues sacar fóra sentimentos que só eran magma. Descubrimento… ponse a pel de galiña!
    🙂

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s