O COTÍO

IMG_0851[1]IMG_0835[1]

A recolleita das flores do hibisco e das cabazas marca o comezo dunha nova xeira no ano. Atrás fican as horas de praia e sol. As follas das bidueiras, secas, protagonizan chuvias de papel que engalanan, coma se dunha celebración se tratase, a atmosfera. Chega o outono. De cor laranxa, de tons terra son os novos días. Cunha luz de sol baixo e forte.

Tamén as treboadas. Os cambios rápidos.

A nova estación.

O principio do outono, no seu mes de setembro e outubro vainos preparando para o parón do inverno. De aí a caída da luz, da sombra….mais devagar, sen brusquidades.

Ë nese cambio cando a rutina xa non ten marcha atrás.

Advertisements

2 thoughts on “O COTÍO

  1. No de visto e non visto tes razón, iso sempre. O do sol, tamén… pero con matices. En Bueu, a mediados de agosto si que tomei o sol, é o sur! Curioso, foi un verán trapalleiro, pero a min deixoume un bo sabor, e por iso só me acordo das horas de sol (na praia, nos paseos á beira do río Rato en Lugo…)
    E o hibisco e as cabazas sempren me lembran o mes de setembro e o comezo da rutina, gústanme as súas cores.
    É que a nós os figos non se nos dan, temos as figueiras enmeigadas! E este ano as uvas tampouco! Que lle imos facer.
    Apertas, 🙂

  2. o de “atrás fican as horas de praia e sol” fíxome sorrir, porque poucas horas de praia e sol houbo, salvo que forme parte das prioridades de cada día, e ir a aproveitar cada raiola que sae…

    😉

    para min este verán foi visto e non visto!

    e inda que a calor chegara tan tarde, sí que hai tempo que a luz esvaece ás tardiñas, chegaron as uvas, os figos! (iso é a miña marca, como a túa parece que é as cabaciñas e o hibisco)

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s