FEITIZO

FEITIZO DO SOLPOR CHAIREGO

FEITIZO DO SOLPOR CHAIREGO

 

Atrapáronme as súas cores. O sol debuxando nas nubes un ave fénix de ás azul aço, planeando sobre amarelos e corais. Co azul areado coroando a viaxe.

O millo recén cortado despexou a chaira e o marrón da terra acompaña o noso camiño de outono.

A fin de semana remata e nós,  coma sempre… mantendo a feliz rutina das andainas.

 

 

 

 

 

 

 

4 opinións sobre “FEITIZO

  1. Está tan cheo de cor! E de vida! Non sei que ten esta terra que me ten engaiolada…. De momento síntoa como o meu “lugar no mundo” . Viches unha peli que se titulaba así “Un lugar en el mundo”, arxentina… pois de aí a miña afirmación…. Logo de percorrer estradas, sinto que este é o meu lugar…. Quizais siga percorrendo estradas, pero sempre hei volver á TErra Chá. Como a Escarlata , é a que me dá forza.
    🙂

Deixar un comentario