ARS POETICA

https://i1.wp.com/htmlgiant.com/wp-content/uploads/2010/07/poetry.jpgFoto da rede http://htmlgiant.com/wp-content/uploads/2010/07/poetry.jpg

As novas maneiras de comunicarnos, de relacionarnos; as novas redes sociais… téñenme marabillada desde hai tempo. Son das de boli e papel, pero confeso que ultimamente ando moi enganchada á pantalla do móbil. Non hai día que non lea a publicación que decote fai unha das “amigas” do facebook. Esta consiste en publicar un poema acompañado dunha imaxe, habitualmente unha foto. Sempre son marabillosas, tanto a poesía como a foto. E deste xeito non hai día que non lea un poema, e mirade que sinxelo é. De tal xeito me enganchei, que agora repaso os libros de poesía que teño na casa, e trago versos coma o home da imaxe. Está claro que todo ten o seu lado positivo. E mirade que me enganchei. Agora estou co libro de poemas de Rosalía Fernández, Ningún amante sabe conducir. Anímovos a que saquedes o carné.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s