SIMETRÍAS

XOANIÑA UNIDO PARALELOS

XOANIÑA UNIDO PARALELOS

Aférraste coas túas simetrías vermellas e negras, danzas abaneada polo lene aire que circula por entre os fentos, cos seus verdes brillantes… e detés a nosa mirada nun espectáculo único.

Paralelismos, formas xeométricas… nunha orde natural de entropías, que á súa vez os converte en asimetrías.

E de súpeto sucede, a maxia da coincidencia.

Nun novelo tan difícil de navegar! Pero entre milleiros de posibilidades, nunha complexa e tan imposible estatística, sucede… Os trasnos xuntan os paralelos e convértenos en liñas converxentes, a acoplarse paseniñamente, acadando a xusta madureza que fai da vida un espectáculo fermoso para vivir.