MANS

Non é a primeira vez que falo do valor das mans para comunicar, e hoxe ao ver un vídeo no que as protagonistas volven ser as mans, non podo resistir a tentación de aconsellalo. Grazas ao amigo KABARCOS que mo recomendou. E grazas a Olga Lalín por ter a tenacidade de facernos chegar todo sobre o autismo.

Advertisements

DÍA DA MULLER

Imaxe

Enigmática, soñadora, enérxica… e asemade tenra, doce, entrañable. E o león da fonte reforzando a imaxe. E a figura enmarcada nunha luz decadente, nunha luz coma de abril.

A forza dos retratos femininos de Vittorio M. Corcos. Descubrina lendo o libro As mulleres que len son perigosas, xusto o 8 de marzo, Día Internacional da Muller. Que ben que haxa homes que saiban retratar a enerxía do xénero feminino. Mais canto queda por facer, hai moitas enerxías silenciadas e hai que darlles voz. Silenciadas na cultura xeral, para a maioría. 

Cantas grandes mulleres aínda permanecen na sombra! Haberá que equilibrar a balanza.

Imaxe tirada do blog http://www.360gradifioridibach.com/2010/12/wild-rose-e-corcos.html

L’incontro con Elena Vecchi, la fascinosa figlia dello scrittore Jack Bolina qui ritratta, è per Coros una sferzata di nuova e potente energia in una vita appiattita nonostante il continuo successo.  Questa signorina è intrigante, il ritratto lo rivela bene!

A TODO FILISPÍN

Estamos no tempo en que os bulbos comezan a florecer, polo menos na casa de Bonxe xa temos narcisos. E os xacintos agromando. 

Pero hoxe non vos vou valar de flores, iso queda para outro artigo. Vouvos explicar a orixe do antropónimo do blog.

O nome deste blog xurdiu a raíz do uso da expresión “a todo filispín”, da que tiven noticia a través dun amigo que traballara en Ferrol e, nunha desas xuntanzas festivas, estivemos a falar do galego especial que se empregaba naquelas terras. A partir desas, demos en usar moito, na casa,  a expresión, tanto que ata lle chamamos “Filispín” a un can que apareceu perdido no monte, e que por certo moito de “filispín” non tiña, porque era un pachorras de moito coidado. Pero queríamoslle, ata que un día decidiu saír coñecer mundo, algo así coma o Principiño, e non volvemos saber máis del. Ben, o caso (e volvo ao tema que me ocupa, que logo parezo Cunqueiro, xa me gustaría!) é que cando tiven que pórlle o nome ao blog foi na época en que na casa estaba de moda a antedita expresión, e como eu teño un pouco de filispina, coa cabesiña sempre a bulir, a andar a todo filispín, pois escollín este nome. E xa vai para uns cantos anos.

Logo, viñen dar ao Morrazo e entereime de que aquí “fan gasolina”, expresión que penso vén do italiano, pois en dito idioma dise “facere la benzina”. E posiblemente houbese relacións comerciais cos italianos vía marítima? Ben isto é un filosofar persoal.

E a semana pasada cando atopei na rede o blog http://olgalalin.wordpress.com/2011/12/01/a-todo-filispin/ levei tremenda sorpresa, pois nel aparece un moi recomendable traballo sobre o galinglish, de onde vén a expresión “a todo filispín”. Se tedes uns minutos, visitádeo, merece a pena.

ATAXIA

TOMO DO BLOG “ATAXIAS GALICIA” UNHA FERMOSA CITA:
“A VIDA NON É ESPERAR A QUE PASE A TORMENTA, É APRENDER A BAILAR BAIXO A CHUVIA”


GRACIÑAS POR UNHA FRASE TAN FERMOSA

25 DE SETEMBRO, DÍA INTERNACIONAL DA ATAXIA

SABEMOS O QUE É A TREBOADA: O CEO TÓLDASE, A PRESIÓN MOLESTA, OS LÓSTREGOS, OS TRONOS… E LOGO VÉN A CHUVIA… É ENTÓN CANDO A TENSIÓN AFROUXA…
MAIS SUPOÑAMOS QUE A TREBOADA DURA MOITO: LOGO DE ESPERTAR NO MEDIO DA NOITE, VÉNCENOS O SONO E SEGUIMOS A DURMIR, BAILAMOS BAIXO A CHUVIA, SEGUIMOS A SOÑAR, CONTINUAMOS CON MORFEO.
A VIDA, TREBOADA INSOMNE, TREBOADA AXEXANTE.
A CHUVIA QUE NON PARA, E NÓS A SEGUIR SOÑANDO

Aos cinco meses de morrer meu pai, xusto un cinco de xuño, nunha feira do libro en Lugo, o noso querido e admirado Manolo Rivas adicábame un libro seu (cunha desas fermosas adicatorias que con tanto mimo elabora) e poñía: “Que a vida sempre veña con zapatos de bailar”. Curiosa casualidade, con esas palabras tomei azos para sobrevivir e para bailar baixo a chuvia. E non sei por que, pero penso que algo teñen que ver esas verbas, as de Manolo Rivas e as do blog  http://ataxias-galicia.blogspot.com

 

Que sempre teñamos zapatos, ou aínda que sexan chancas, para bailar baixo a chuvia cun sorriso. Mentres chova…  

Na foto (tomada do blog 

http://elblogdeayoo.blogspot.com/2009_01_01_archive.html )

unhas chancas ou chancros.

CURIOSEANDO… cantos mundos se descobren!

Curioseando nos blogs que publicita wordpress, atopei este no que hai publicadas unhas fermosísimas fotos e que nos permiten coñecer xeografías distantes. Pola miña parte, quen puidera facer fotos tan chulas. Algún día, talvez… Pois, ademais de desexar darlle voz ás xeografrías interiores, tamén sería bo darlles imaxes. Imaxinar!!!!! Imaxinar!!!!!

http://marcusjohannes.wordpress.com/2011/10/08/emerald-its-in-the-water

O ARTIGO TITÚLANO “EINSTEIN HAIR”. E é certo que nos lembra o rostro e o cabelo de Einstein!! Iso si que é saber ollar. A partir de agora tentarei atopar coñecidos na natureza.