FAME WEBSERIE
Sempre acontecen feitos que alegran a vida. E non hai moito descubrín “algo” que me deu esperanzas con respecto ao galego e a súa presenza no mundo do audiovisual. E aínda máis con respecto ao papel da muller nese ámbito que aínda segue a ser tan masculino. E aínda máis máis no que respecta ás novas promesas galegas.
Foi unha webserie GALEGA E EN GALEGO a que aledou o meu mes de setembro, a piques de rematar.
Son alumnos de Audiovisual, aínda en proceso de formación, pero con moitas gañas e ilusións. Anímovos a ver o seu traballo.
http://famewebserie.wordpress.com
Os fabulosos irmáns da luz, de Olaia Sendón
O CINE COMO FENÓMENO COLECTIVO
Relendo o libro de Agustín Fernández Paz, Fantasmas de luz, lembrei este fermoso documental de Olaia Sendón.
Tanto a obra literaria como o documental leváronme aos tempos da preadolescencia, cando nos xuntabamos os curmáns para ir ver estreas como A Guerra das Galaxias. Que  felices eramos… Era todo un acontecemento. Ver aquelas historias en pantalla grande. Aquela maxestosidade que nos asombraba…
Agora os fenómenos colectivos son outros, como os recordarán as novas xeracións?
Outro vídeo que tamén fala de recordos: O camiño da Loureira
SOLPOR DESDE O COCHE
(Imaxe tomada do blog http://locosporelmonte.blogspot.com/)
De volta ao Morrazo, logo duns días nas terras da chaira luguesa. E o solpor tenta darme esa calor que tanto preciso nese intre. Vou conducindo e non podo parar a fotografar toda a luz que inunda a paisaxe, por iso busco na nube, e atopo algo semellante ao que vin. É difícil traducir o que sentín, pero había tempo que o regreso a esta península non me transmitía a pracidez que hoxe experimentei. Quizais, xa a viña sentindo ao longo das tres horas de percorrido atravesando Chantada, Ourense (as terras de Otero aló ao fondo), Ribadavia, deixando Melgaço a un lado… e así chegamos ao sur. E as Cíes, e de novo lembrei a dona que mira por min todos os días, tumbada serenamente no Atlántico, a Illa, a Ons.  E foi así como comecei hoxe a sentirme un pouco de aquí. Un pouco de aquí e un pouco de alí, e lembrei a película Un lugar en el mundo. Cal será realmente o meu lugar? Cal será a xeografía do meu corazón? Da miña identidade? Son tantas!
La moraleja de esta historia es que cada persona debe encontrar su propio lugar en el mundo, donde pueda ser feliz y a la vez ayudar a los demás a realizarse como seres humanos. (http://peliculasesen.blogspot.com/2011/04/un-lugar-en-el-mundo.html)
COMO BÁGOAS NA CHUVIA
Cada día quedo máis sorprendida coas cousas que se están a facer. Neste caso, lendo un blog do xornal El País, atópome con esta composición creada a base de escenas do cine que teñen en común o motivo da choiva. Chámanlles “blow up”, e hainos con motivos diversos. Déixovos o enlace para que vexades.
“Todos eses momentos perderanse no tempo como bágoas na chuvia”. (Nexus 6, o replicante de Blade Runner)  http://labuhardilladejose.blogspot.com/2009/04/lagrimas-en-la-lluvia.html
http://videos.arte.tv/videoplayer.swf?admin=false&mode=prod&autoPlay
=true&localizedPathUrl=http%3A%2F%2F
videos%2Earte%2Etv%2Fcae%2Fstatic%2Fflash%2Fplayer%2F&configFileUrl=http%3A%2
F%2Fvideos%2Earte%2Etv%2Fcae%2Fstatic%2Fflash%2Fplayer%2Fconfig%2
Exml&videoId=3588914&lang=fr&videorefFileUrl=http%3A%2F%2F
videos%2Earte%2Etv%2Ffr%2Fdo%5Fdelegate%2Fvideos%2
Fblow%5Fup%5Flike%5Ftears%5Fin%5Frain%5F%2D
3588914%2Cview%2CasPlayerXml%2Exml&embed=true&autoPlay=false
BÁGOAS FEMININAS… E SILENCIOSAS (2)
LA VOZ DORMIDA de B. Zambrano é unha homenaxe ás mulleres que choraron  vítimas da guerra do 36, máis podería facerse extensiva a homenaxe a todas aquelas  mulleres que choran polo mesmo motivo neste mesmo instante en que escribo esta nota.
Onte fun ver esta película e de novo, cando visito o cine para ver unha historia sobre esta temática, volvín pensar que non nos queda tan lonxe e que dura foi a vida para as nosas avoas e avós.
Mais á parte dos temas constantes, da homenaxe da que se fai ás mulleres vencidas e compañeiras dos vencidos (do que se falará  e se falará, como debe ser), houbo un aquel que  me chamou a atención. Nela podo atopar un argumento moi ilustrativo da importancia de saber escribir e ler, e que nunca sabemos cando o imos necesitar. Tensi, a moza que desexaba ser mestra, puido no cárcere ler a carta do seu home e tivo un momento de amor naquela celda infrahumana, un instante de humanidade que a fixo voar de novo. Tensi puido dar a coñecer aos que estaban fóra o padecemento das mulleres e dos nenos que estaban amoreados naquel rocho putrefacto. E todo porque alguén lle ensinara a ler e a escribir. Nunca tería imaxinado ela do que lle ía servir. Escribir, dicir. Ler, sentir. E que triste que o seu home tivese que recorrer a outro para que lle escribise a carta, pois el non sabía escribir. Hai momentos en que escribir preserva a nosa intimidade.
E a metáfora de “comer as verbas” (cando teñen que comer a carta para que non llela incauten) que remite ao silencio obrigado da posguerra.
Dá para falar moito, e isto que veño de comentar non é o máis importante, pero si é necesario lembralo nestes tempos de pouco cariño á cultura e ás letras.
Ide ver a película. É moi dura e triste. Pero hai que recordar de vez en cando estas historias.
A min agora tócame ler o libro, é unha conta pendente.
Se queredes ler algún comentario sobre o libro, neste blog atopei algo interesante
http://www.librosyliteratura.es/la-voz-dormida.html#comments
AI DOS AVÓS E AVOAS!!! E HABELOS, HAINOS
DÚAS LETRAS, curtametraxe de Fina Casalderrei
Vendo a curtametraxe de Fina Casalderrei, cantas emocións, sentimentos viñeron á miña cabeza. As avoas e avós son entrañables, cariñosos, pensan sempre en nós, quérennos… e a verdade é que non llelo pagamos moi ben. Queren mimos, atencións… e non lles dámos tantos como puideramos. E por riba, sonvos ben divertidos!!! E non se cortan nin un pelo, se hai que actuar e ser actor, pois faise.
Eles co seu tempo e a súa pachorra, e nós coas nosas présas e o noso estrés, somos liñas paralelas, mágoa. Tal vez sexa hora de pensar na dirección a seguir e converxer. Contemos ata dez, paremos e escoitémolos. Merece a pena.
http://vimeo.com/29034136
THE MATRIX, algunhas escenas
Hai películas practicamente redondas e que serán lembradas xeración tras xeración. Que sempre terán actualidade.
Esta volta refírome a The Matrix. Logo de vela varias veces, estou convencida de que é unha película para revisitar “sen límites”. Houbo unha primeira vez, e daquela pensei que estaba xenial. Os 131 minutos transcorreron sen me decatar. Sempre a me sorprender. Cando a volvín ver, xa dun xeito moito máis pausado, sen perder detalle, pensei que o incrible deste filme resulta que a súa densidade (está chea de monólogos filosóficos francamente interesantes) non impide un ritmo frenético. Para min, unha das xenialidades desta obra. E logo, á parte dos efectos especiais, para saborear unha e outra vez, os cuasi monólogos dalgúns personaxes. Un exemplo: cando Morfeo lle vai explicar un pouco a Neo o que é Mátrix.
“-Cres no destino, Neo?
-Non.
-Por que?
-Non me gusta a idea de non ser eu o que controle a miña vida.
-Sei exactamente ao que te refires. Explicareiche por que estás aquí. Estás poque sabes algo aínda que o que sabes non o podes explicar, pero percíbelo. Foi así durante toda a túa vida. Algo non funciona no mundo, non sabes o que é pero aí está.  Como unha estela cravada na túa mente e que te está toleando. Esa sensación tróuxote ata aquí. Sabes do que estou falando?
-De Matrix?
-Gustaríache realmente saber o que é? Mátrix rodéanos, está por todas partes, mesmo agora, nesta mesma habitación. Podes vela se miras pola fiestra ou ao encender a televisión. Podes sentila cando vas traballar, cando vas á igrexa, cando pagas os teus impostos. É o mundo que foi posto ante os teus ollos para ocultarche a verdade.
-Que verdade?
-Que es un escravo, Neo. Igual que os demais, naciches en cautiverio, naciches nunha prisión que non podes nin saborear, nin oler, nin tocar. Unha prisión para a túa mente. Por desgraza non se pode explicar que é Mátrix. Tes que vela cos teus propios ollos. Esta é a túa última oportunidade, despois non poderás botarte atrás”.
Un canto á liberdade.
E logo a escena en que Neo pode volver a Zion grazas á declaración de amor de Trinity:
“Neo, xa non temo nada. O Oráculo avisoume que  namoraría e que ese home, o que eu amase, sería o Elixido, entendes? Non podes estar morto, non podes, porque é a ti a quen amo. Óesme? Ámote”.
El Padrino
Volver a ver The Godfather presta moito máis aínda que a primeira vez. Que ben medido está todo! E como asusta ese poder da “sagrada Familia”, mais hai que sobrevivir.
Hai frases gloriosas, sobre todo nas conversas de don Vito cos seus rivais, a ironía que derrocha; por exemplo, no encontro con Solozzo, cando intervén o seu fillo Santino, unha intervención pouco afortunada e que amola ao Don, e este o frea co brazo, gardando un cerimonioso silencio (e no seu interior contando ata 10 ou máis, para non darlle unha labazada ao bocazas do Sony) e lle comenta ao Turco:
“Teño certas debilidades polos meus fillos, como pode ver, falan cando deben escoitar” (00:37)
Ou cando responde que non vai participar no negocio das drogas:
“Debo contestar que non. O meu non é firme. Así os seus intereses non se enfrontarán cos meus”.
CURIOSIDADES EN EL PADRINO (ollo coas laranxas!)