PAVEL: ARTE “RUEIRA” (DA RÚA, NA RÚA)

PAVEL, artista da rúa ruso.

Ten 28 anos. Formación relacionada co mundo do deseño (estuda na escola moscovita de "Deseño comunicativo"), aínda que tamén ten algo de autodidacta. Leva catorce anos pintando nas rúas rusas, e as súas obras están espalladas por todo Moscú, asinadas co pseudónimo P183. Nelas dous son os elementos importantes que se xuntan: a candidez e a guerrilla. Quere que as pinturas se integren na lírica da paisaxe, e para iso ten que patear moito as rúas.

Estiven vendo varias obras, pero gustoume especialmente esta, porque reflicte o meu sentir actual, a fiscalización extrema á que estamos sometidos dun xeito sutil. Hai un gran irmán, un ollo que todo o ve, que analiza cada paso que damos e condiciona o noso destino. Non sei ata que punto temos liberdade nin ata que punto podemos controlar o noso futuro e as nosas actuacións.

Os enlaces empregados para obter a información: 

http://cultura.elpais.com/cultura/2012/02/02/actualidad/1328198542_801466.html
http://www.abc.es/20120203/cultura-arte/abci-banksy-ruso-201202031714.html
http://adictamente.blogspot.com/2012/02/p183-el-banksy-ruso.html
http://www.sopitas.com/site/144092-el-banksy-ruso/
http://blogvecindad.com/arte-de-p183-o-bankski-el-banksy-ruso/

http://cultura.elpais.com/cultura/2012/02/02/album/

1328198892_815390.html#1328198892_815390_1328199668

O HEMICICLO DOS SIMIOS

 A imaxe tireina da páxina dun graffitero inglés, BANKSY, recoñecido a nivel mundial e que, entre outras obras, ten no seu haber graffitis no muro das “lamentacións” de Palestina. A súa obra é marabillosa, impactante, e podédela ver na súa páxina http://www.banksy.co.uk/indoors/questiontime.html

Hoxe chamoume especialmente a atención esta obra polo que ten de actualidade no país no que vivimos. 

Poético, crítico, irónico…

Outra imaxe del

http://isopixel.net/archivo/2011/09/mural-de-bansky-en-una-galeria-de-berlin/

“Every picture tells a lie!” (Cada imaxe conta unha mentira), mural pintado en Berlín no 2003 e recentemente restaurado por unha galería de Berlín, Galería Kuenstlerhaus Bethanien (http://www.bethanien.de)