MIL PRIMAVERAS MÁIS PARA O GALEGO (Cunqueiro)

Logo de ver o vídeo que enlazo a continuación, entenderedes o título do artigo. 

Cando unha lingua morre, nin sabemos o que perdemos, é imposible de cuantificar, e a perda é irreparable, xa non hai volta. 

Coa lingua morta desaparece a cultura, o noso pasado, a nosa identidade, as nosas orixes, o “de onde vimos e a onde vamos”… etc.

Quedei gratamente sorprendida logo de adicar uns minutos a escoitar as palabras desta entrañable e sabia profesora de inglés. 

Por certo, o vídeo tomeino do blog de Avelino González (http://avelinogonzalez.wordpress.com/2012/03/14/non-teno-palabras/)