tempo en cristal

Imaxe

Sobre do andel de cristal, os tarros de apócemas permanecen baleiros. Nembargantes, exhalan un arrecendo decadente, arrecendo a outro tempo. Reflíctense no espello posterior, ao tempo que observamos, desdebuxadas, unha pomba e algún obxecto do mobiliario urbano. A rúa está mollada, na mañán gris.

Os protagonistas seguen a ser eses tarros de vitrina de botica, da Farmacia Central de Lugo.

Nunca pousara a miña ollada neles, a familiaridade do día a día fainos invisibles, pero permanecen axexantes, espectantes, á espera de que os vapores de Pandora emanen lembranzas do pasado. Fronte á Farmacia Central celebrouse noutrora a ilustre tertulia do Méndez Núñez (Fole, Pimentel…).

Observarían os ires e vires dos nosos entrañables ilustrados? Quizais…

Vin cousas… que vosoutros non poderiades crer. (…) Todos eses momentos perderanse no tempo … como bágoas na chuvia -like tears in rain-… É hora de morrer.

(Escena da morte do replicante Roy Batly, Blade Runner)

VERBAS DE LORCA

Estas semanas teño enriba da mesa a poesía de Lorca e isto lévame ó seu rostro doce e moreno. Á súa faciana morena. Aos seus versos galegos. E como estes días chove, leo o seu poema “Madrigal á cibdá de Santiago”. Un andaluz captando a maxia da choiva en Santiago. Que fermoso! Que fermosa a choiva!

Mil primaveras máis para Lorca.

MADRIGAL Á CIBDÁ DE SANTIAGO

Chove en Santiago
meu doce amor.
Camelia branca do ar
brila entenebrecido ao sol.

Chove en Santiago
na noite escura.
Herbas de prata e sono
cobren a valdeira lúa.

Olla a choiva pola rúa,
laio de pedra e cristal.
Olla no vento esvaído
soma e cinza do teu mar.

Soma e cinza do teu mar
Santiago, lonxe do sol;
ágoa de mañán anterga
trema no meu corazón.

Seis poemas galegos (1932-1934), Federico García Lorca

TESLA & TESLA : BIG(S) TESLA(S)!

Hoxe estiven aleccionándome sobre os Tesla, un grupo ao que vin “de pasada” nun concerto en Bilbao, xa vai para varios veráns. Finde inesquecible. E ollade que ten delito non lles ter prestado máis atención, pese ás advertencias do Doutorado en Heavy pola Universidade de “Radio Revista Musical”, ao señor E.F.P. As miñas desculpas, eminencia.

E procurando saber algo sobre eles, na wikipedia, coma sempre, collín estas notas a todo filispín:

“Tesla é unha banda de Rock estadounidense orixinaria de Sacramento, California. A banda formouse en 1984 e foi nomeada Tesla no momento en que gravaban o seu primeiro álbum no Estudo Bearsville de New York. Foi a primeira vez que saíron de Sacramento. O nome da banda, algúns títulos e contidos de cancións derívanse de eventos relacionados con Nikola Tesla, un inventor e enxeñeiro eléctrico nacido no Século XIX. “

http://es.wikipedia.org/wiki/Tesla_(banda)

Por suposto, conta máis cousas. Pero a min o que me chamou a atención foi a razón do nome. Nunca se sabe, cousas do heavy, aprendín máis de persoeiros que se mo mandasen estudar.

E logo quen era o tal Nikola?

Pois parade uns minutos a ollar o vídeo que enlazo e as imaxes que colo.

“Nikola Tesla dominó la corriente alterna, inventó la tecnología de la radio y patentó 700 inventos, incluyendo el control remoto sin cable y las bujías. Pero en 1943, el inventor murió solo en una habitación de hotel neoyorquina de un ataque al corazón, fue una figura marginal y discutida, también en la comunidad científica. Estaba en la pobreza, obsesionado por el número tres, y vio como el Premio Nóbel le era otorgado a Guglielmo Marconi por un invento que él había creado unos años antes.

Las ideas de Nikola Tesla, publicó el New York Times en su obituario, bordearon, a medida que envejecía, y de forma creciente lo que algunos consideraban lo fantástico. El propio Tesla insistió una vez en que el presente es suyo, el futuro es mío.

Ese futuro, al parecer, es ahora. Este año (el 150 aniversario del nacimiento de Tesla) el Aeropuerto Internacional de Belgrado será renombrado Aeropuerto Nikola Tesla. En la orilla canadiense de las Cataratas del Niágara, se destapará una estatua en honor del hombre cuyo trabajo permitió la construcción de la primera planta hidroeléctrica del mundo. Y a comienzos de este mes, científicos de todas partes del mundo reconocerán su obra en conferencias en Serbia, Croacia, Australia, Canadá y los Estados Unidos.

Tesla es también el científico loco preferido por los amantes del underground. Aparece en novelas, en juegos, en una ópera y en un manga japonés, y es el protagonista de varias canciones; incluyendo algunas que le dedicó una popular banda metal de los ochenta que se llamaba como él.

Al llegar la medianoche del 9 de Julio de 1856, Tesla nació de padres serbios en Smiljan, Lika, la actual Croacia. Su padre era un sacerdote serbo-ortodoxo, su madre era la inventora de unos cuantos aparatos para el hogar, incluyendo una batidora mecánica.

La propia habilidad de Tesla para visualizar detalles precisos de sus inventos comenzó en la infancia temprana. Cuando vio un grabado de acero de las Cataratas del Niágara, por ejemplo, se imaginó una rueda volteada por el agua; treinta años antes de que la planta hidroeléctrica se hiciera realidad.

Después de estudiar mecánica, física e ingeniería en Austria y Checoslovaquia, Tesla trabajó como ingeniero eléctrico en Hungría y Francia. Después, en 1884, emigró a Nueva York, donde se incorporó al laboratorio de Thomas Edison.

En un año, entre los dos desarrollaron la corriente alterna (AC). Edison intentó demostrar los peligros de la AC empleándola para electrocutar perros y caballos en demostraciones en público. Tesla respondió más tarde con una exhibición en la Feria Mundial de 1893 en Chicago. Tal y como Paul Auster escribe en su novela Moon Palace, Tesla, que medía dos metros y cuya figura llamaba la atención con su negro abrigo de corte clásico y su bombín: realizó trucos mágicos con electricidad, haciendo girar pequeños huevos de metal en una mesa, y lanzando chispas por las puntas de sus dedos.

Por supuesto, Tesla ganó la guerra de las corrientes. El industrial George Westinghouse finalmente le compró la patente para la energía AC. Y como dijo W. Bernard Carlson, profesor de historia en la Universidad de Virgina que en la actualidad escribe una biografía sobre Tesla: Era igual de popular, sino más, que Edison”.

http://www.youtube.com/watch?v=GVb0CpbYeE0

A VIDA UN CALEIDOSCOPIO II

A vida, osíxeno, azul.

Cores da natureza: o verde árbores; o azul ceos; o negro treboadas.

E dunha forma a outra, nun infinito, coma unha espiral.

Necesito osíxeno, saír da espiral do medo que están a contaxiarnos. Dos medos que nos impoñen, cos que traxicamente nos agasallan.

YUJA WANG: DEDOS VOADORES

Interesante personaxe. Con só 24 anos… que ben toca o piano…

http://youtu.be/B1P3gaS3tBA

Vai sacar este 6 de marzo un novo disco

Yuja

Se queredes un adianto, no blog http://blogs.elpais.com/el-concertino/2012/02/escuche-el-nuevo-trabajo-de-yuja-wang.html poderedes escoitar algunhas das súas novas interpretacións. 

Que pracidez no medio de tanta tensión e crispación. O seu descubrimento foi o agasallo do día.

QUE TEÑADES UNHA BOA SEMANA

Estou probando novas ferramentas. Isto avanza a lume de carozo!

Gústame que as entradas publicadas vaian acompañadas de música. É unha idea estupenda.

E para comezar a música de Carlos Jean: Have a nice day! E iso invítame a pensar que mañá comeza unha semana nova, de frío e posiblemente, neve. Así que “Que teñades boa semana!”

Algo falla, pois tiña que saír a imaxe dun reprodutor (como no blog Cielos, do que teño o enlace á dereita). Continuarei probando.

http://www.goear.com/files/external.swf?file=a629ddd

O verán xa vai quedando atrás

Definitivamente o verán  queda atrás. O sol xa é de outono e a lentura da terra ao anoitecer lembra a proximidade do tempo das castañas. As mazás xa están no seu punto, agora queda apañalas. Xa comezan a florecer as Rosas de Siria, a follaxe das parras tórnase multicolor: os marróns, os cobrizos, avermellados… Todo é riqueza de matices e de cores. E logo por que ese rostro que o graffitero debuxou?  Será o terror infernal ao que se nos vén enriba? A crise? O inxusto recorte en educación, e polo tanto en cultura? Dentro dun tempo falaremos….

Recomendación musical: reescoitar a música de Led Zeppelin, brutal!!!