pasado e presente

enredados na espiral do tempo, o pasado -coa súa cor granate, a súa forma repoluda, sen cabelos- olla o esplendor do gromo que vai amosar o seu esplendor en cuestión de días -son rosas fortes e varudas, e toman o seu tempo para facerse- 

no esplendor das follas verdes óllanse, fálanse, cunha pequena distancia vital, non se tocan, ou mellor dito, están tan próximos que case se tocan…

o pasado sempre ao axexo, sempre acompañando o presente…

e a rosa hoxe xa é moza… e o vello pasado segue a comtemplala desde a súa serenidade 

Maio longo… maio longo,
todo cuberto de rosas,
para algús telas de morte;
para outros telas de vodas.
Maio longo, maio longo,
fuches curto para min:
veu contigo a miña dicha,
volveu contigo a fuxir.

Rosalía de Castro (1993), Follas Novas (Vigo: Galaxia)

E mentres escribía, acompañábame a música de Alan Stivell
 
Advertisements