AMIGAS PARA SEMPRE

Artigo adicado a todas as colegas traballadoras, que aínda saben sorrir.

8 de marzo. Día da muller traballadora.

Había que escribir a versión feminina dun antigo post. E matinando, matinando… dei coa imaxe. Polo azar, polas redes que tende o destino, ás veces sucede que se encrucillan camiños. Os nosos xa hai ben tempo que se xuntaron.

Finais dos noventa (aínda non rematara o século XX, non si?). Unha cidade: Lugo.

Gustabamos de saír pola noite a observar o mundanal ruído, coñecer xentes, vidas. Ademais, eramos e continuamos a ser boas na difícil arte de filosofar. Valorabamos e valoramos a amistade, iso que quede por riba de todo. E así foi medrando a unión do cuarteto que figura na imaxe. E funcionou. Nin as difíciles circunstancias foron atrancos. Reunímonos como mínimo unha vez ao ano. A cidade xa non é Lugo. É onde cadra. Pero nós seguimos a ser as mesmas. O mesmo optimismo e a mesma ansia por sobrevivir.

Canto temos rido e chorado, e diso xa van anos!

PD I: Se o texto ou a imaxe prexudican seriamente a saúde, póñanse en contacto comigo e eliminaremos a foto do post. Mais, non cren que é unha instantánea estupenda?

PD II: O artigo foi escrito baixo a presión da música de UFO. O descubrimento do día. Os cuartetos sempre funcionaron de marabilla, e senón que llo digan aos Led Zeppelin, aos UFO, aos Rolling…. e un longo etc…


Advertisements

Some say rain is coming…

Esta imaxe correspóndese co cadro do pintor Nik Christensen (http://www.nikchristensen.com/) que veño de atopar na rede. Chamoume a atención o título: Some say rain is coming (algúns din que vén a chuvia). Pola contra os galegos temos un dito que é a antítese disto “Mexan por nós, e dicimos que chove”. Fixádevos no cadro, semella ser un burro o que observa como chove. Quen será o listo? El? Nós? Tal vez sexa verdade que chove…