PREMIOS WORLD PRESS PHOTO

World Press Photo

La imagen de Samuel aranda escogida por World Press Photo.

 

Trátase dunha organización independente sen ánimo de lucro con sé en Amsterdam, coñecida por organizar o maior e máis prestixioso concurso anual de fotografía de prensa.

As fotografías gañadoras son escollidas no mes de febreiro de cada ano de entre todas as enviadas o ano anterior  por fotoxornalistas, axencias, periódicos, revistas e fotógrafos de todo o mundo.

As categorías en que se dividen as fotografías que participan no concurso son:

  • Noticias de actualidade.
  • Temas de actualidade.
  • Personaxes de actualidade.
  • Deportes e fotografías de acción.
  • Reportaxes de deportes.
  • Temas contemporáneos.
  • Vida cotiá.
  • Retratos.
  • Arte e entretemento.
  • Natureza.

Tralo concurso, as fotografías premiadas forman parte dunha exposición itinerante que viaxe por diferentes cidades, entre elas Barcelona.

http://es.wikipedia.org/wiki/World_Press_Photo

Nun artigo publicado no sitio http://233grados.lainformacion.com/blog/2012/02/samuel-aranda-ojala-el-premio-sirva-para-que-se-hable-en-los-medios-de-lo-que-sucede-en-yemen.html#more por Pablo López Aranda, podemos coñecer algo máis  sobre Samuel Aranda, o español premiado na convocatoria do World Press Photo deste 2012.

Na crónica chamoume a atención que este fotógrafo prefira vivir nos países árabes, que diga sentirse a gusto alí, afastado da trasfega das grandes cidades de Occidente. Esta afirmación confirma a miña hipótese de que neses países pasa algo máis do que a maior parte dos occidentais coñecen, tamén pasan cousas boas e civilizadas. Alí tamén hai xente amable, cordial, e teñen unha cultura que Occidente parece querer negar, son civilizados.

Outras palabras do fotoxornalista que cómpre escoitar:

“En la fotografía está una mujer que trae a un familiar herido. Es en la antesala de una mezquita convertida en hospital. Ella estaba esperando conseguir ayuda”.

“La entereza brutal de la mujer cuidando a un ser querido”

“Es muy importante recibir el premio, pero lo más importante de todo es la mujer, no soy yo. Lo importante es lo que pasa en Yemen; los fotógrafos solo nos encargamos de documentar. A veces se magnifica el tema del periodismo, del fotoperiodismo. Ojalá el premio sirva para que se hable en los medios de lo que sucede en Yemen, por lo menos por un par de días”.

Samuel Aranda, un catalán de Santa Coloma de Gramanet, leva doce anos percorrendo as rúas de Pakistán, Líbano, Irak e Túnez. En 2011 cubriu as revoltas no mundo árabe, sendo en Yemen onde capturou o instante que reproduce a fotografía premiada.

ENLACES:

http://www.worldpressphoto.org/photo/world-press-photo-year-2011-0

http://es.wikipedia.org/wiki/Premio_World_Press_Photo_of_the_Year

http://www.worldpressphoto.org/

http://cultura.elpais.com/cultura/2012/02/10/actualidad/1328869732_719096.html

http://es.wikipedia.org/wiki/World_Press_Photo

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s