LIBROS

Recomendacións persoais

O curioso incidente do can á media noite, de Mark Haddon, editado por Rinoceronte. Por que me gustou? Porque ten unhas argumentacións moi enxeñosas, como cando explica por que lle gustan determinadas cores. Porque analiza todas as situacións cunha lóxica aplastante, como cando intenta entender por que se di dos rapaces coma el que non son normais ou que teñen necesidades especiais, quen non ten unha necesidade especial? A ironía, a sensibilidade e a maneira de pórse na pel dun rapaz autista. LIBRO PARA TODOS OS PÚBLICOS.

O cazador de estrelas, de Ricardo Gómez, editorial Tambre. Libro de literatura xuvenil. Interesante porque consegue espertar o desexo de saber máis sobre a realidade dos refuxiados saharauís e porque a través de Bachir, o protagonista, coñecemos algo máis sobre un pobo esquecido, pero moi próximo. Bachir, un adolescente que por mor da súa enfermidade ten que pasar unha tempada refuxiado na súa haima, da que consegue saír tras ser capaz de convivir coa enfermidade e enfrontarse a ela, superando limitacións que esta lle impón.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s