Maxia a grolos

É preciso un exorcismo para sobrevivir as datas do Nadal. Iniciar a lectura dunha novela non vos é mala idea. Hai quen para fuxir do tedio das xuntanzas se agocha tras unha historia. Unha das múltiples vantaxes da literatura.
 

6 opinións sobre “Maxia a grolos

    • Nada desexadas. Sabes, déchesme unha idea. Cando pola Chaira aparezan as primeiras flores, mimosas ou camelias, tamén llas hei de levar a meu pai, que se me foi nunha noite de Reis… Só que non soporto ir ao cemiterio… Así que pensarei nun lugar alternativo, no que sempre poñerei unha flor, por exemplo… baixo o kiwi e as parreiras que el tanto coidaba. 🙂

      • as persoas que quixemos tanto, andan sempre con nós: vémolas naquelas cousas e lugares que eles amaron.
        (a min non me molesta ir a “este” cemiterio, é soleado, pequerrechiño. Non hai defuntos nel… hai “mortiños”, e todos eran veciños uns dos outros, mesmo irmáns, parentes…)

Deixar un comentario