LUME NOVO

En el final del partido se alcanzó un 90% de share. EFE

Veño de dar unha volta polos últimos comentarios de filispines e síntome feliz ao comprobar que aínda que levo tempo ausente das letras, a xente segue a participar nel. Graciñas, iso dáme novos pulos.

O lume novo pasou. As lapelas debuxaron pantasmas na paisaxe do luscofusco. Os pétalos e as herbas aromáticas déronlle un toque máxico á auga. E agora iniciamos un novo ciclo.

Xa se respira o verán por todas partes: as terrazas falangueiras e riseiras -aínda que menos concurridas que en épocas pasadas-, a mocidade brincando polas rúas, a televisión emitindo noticias de xente que marcha de vacacións -noticia sesgada, cantos quedan paseando polas rúas coa ollada perdida pola incertidume!- As copas de fútbol do verán…Mais o ciclo do tempo avanza coma se nada, non se detén pese ás circunstancias. Incertas circunstancias.

E o fútbol en primeiro plano. Nunca vexo un partido de fútbol, non sei nin como se chaman os xogadores, recoñezo a miña ignorancia en tema tan popular. Non obstante, direivos que onte vin o partido do ano, e non me defraudou. De todo, quédome con ese grupo de mozos varudos e afoutos, loitando pola vitoria. O valor do grupo, do traballo feito entre varios, sen individualidades… Sabe moito máis, é moito máis fermoso.

2 opinións sobre “LUME NOVO

  1. a verdade non colguei a foto polo sentimento patriótico, pois véxome bastante apátrida, son de todas partes; sorprendeume moito a forza dun grupo de mozos xogando todos xuntos, nun equipo moi unido, iso foi o que me gustou; e logo, aínda que non me gusta o fútbol, si me gustou o partido. E con respecto a como lle vai a este país, de pena! e o de pena é literal…

  2. quen onte non vira o partido sería mirado coma un perro verde … eu tiven posta a tele, miraba ás veces, escoitaba nada máis mentres facía a cea… sí, pódese dicir que, ainda que me encanta ver á xente contenta na rúa e que haxa ilusión, a min o partido… tanto me tiña. non me sinto español español español non nese senso de orgullo, coma se fose ser o mellor do mundo… (alomenos mentres viva aquí, pode que se tivera que emigrar sí), nin sinto que a este país no que vivo lle vaia mellor hoxe ca antonte

Deixa unha resposta a Zeltia Cancelar a resposta